Xunta de Galicia convoca o bono activa comercio 2026

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 desta orde. Para seren beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o disposto no artigo seguinte.

Cada bono terá un valor de ata 30 €.

En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Os bonos estarán dispoñibles na web https://bonosactivacomercio.gal/ para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 27 de maio de 2026, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.

Scroll ao inicio
Ir o contido