Apertura prazo inscrición nas probas ComDix – nivel Iniciación (edición de Xuño)

De acordo coa RESOLUCIÓN do 07 de xaneiro de 2026  (DOG Núm. 10, do 16 de xaneiro), pola que se convocan ditas probas, os datos principais da convocatoria son os seguintes:

  • Inicio do prazo de inscricións: luns, 04 de maio, ás 00:01 horas
  • Remate do prazo de inscricións: mércores, 13 de maio, ás 23:59 horas
  • Onde inscribirse:  na web do CeMIT (https:\\cemit.xunta.gal)
  • Soamente unha inscrición por persoa participante: unha única localidade, día u hora.
  • Antes do remate do prazo de inscrición é recomendable que as persoas participantes comproben que figura correctamente rexistrada a súa inscrición na dirección electrónica  https://aulascemit.xunta.es/usuarios, así como os seus datos persoais, que serán os que figuren na certificación de competencias dixitais que se obteña e que emitirá a Amtega.

Pode atopar máis información desta convocatoria na web:

https://cemit.xunta.gal/gl/convocatorias-probas-de-certificacion-nivel-iniciacion-xu%C3%B1o-2026

  • DATA DAS PROBAS: 17, 18 e 19 de XUÑO
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: do luns 04 ata o mércores 13 de maio, inclusive
Scroll ao inicio
Ir o contido