Axenda Eventos
Axenda Cultural

Presentación do protocolo Lingua Vital

📅 Data: 17 Abril 2026
Hora: 20:00 h
📍 Lugar: Sala Abanca A Estrada
Duración: 60 min
✍️ Autor: Queremos Galego

Queremos Galego da Estrada! presenta o resultado dos traballos das diferentes comisións que analizaron a situación da lingua galega, coas propostas para reverter esta grave emerxencia na que se atopa logo de 20 anos de políticas dirixidas á súa exclusión e menosprezo

Esta presentación do protocolo “Lingua Vital” no que se indican accións concretas levarase a cabo nun acto o próximo venres 17 de abril na sala Abanca da Estrada, ás 20:00 h. para o cal contamos coa intervención do escritor e catedrático da Universidade de Vigo Henrique Costas que impartirá unha conferencia co título “A normalización ben entendida comeza por un mesmo” no marco da exposición das medidas que se defenden para mudar o rumbo do proceso de redución do uso, coñecemento e recoñecemento da nosa lingua que estamos a vivir.

Henrique Costas é autor de numerosas obras de narrativa e ensaio, estudos sobre literatura, lingüística e sociolingüística, ademais dun compromiso permanente coa normalización do noso idioma que o fixo xuntar ese traballo de investigación e académico coa mobilización necesaria a favor do galego, para o cal quixeramos lembrar a importancia que tivo no seu momento a obra “55 mentiras sobre a lingua galega: análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma” cando en plena ofensiva para desmantelar os precarios avances institucionais que tivera a defensa da nosa lingua polo goberno da Xunta de Galicia, desmontou con ese traballo os “bulos” e “fakenews” cos que se pretendeu xustificar o derrogamento da lexislación que favorecía ao galego. 

Scroll ao inicio
Ir o contido