O departamento municipal de Xuventude presentou hoxe unha nova edición do programa “Noites Novas”, unha iniciativa de lecer alternativo dirixida á mocidade do municipio. A presentación correu a cargo da concelleira de Xuventude, Lucía Seoane, xunto con Chío Couto, representante da empresa Anacos Educativos, encargada da execución das actividades.
Con máis de 200 participantes na súa primeira edición, o programa naceu co obxectivo de ofrecer alternativas de ocio saudable, seguro e participativo, fomentando espazos de encontro baseados na convivencia, a creatividade, o traballo en equipo e a diversión.
As actividades están dirixidas a mozos e mozas maiores de 13 anos (ou que os cumpran no 2026) e desenvolveranse en horario de 21.00 a 23.00 horas en sábados de abril, maio e xuño.
Axenda de actividades:
- ABRIL
–Sábado 11: Atrapa a bandeira
-Sábado 18: Obradoiro creativo
-Sábado 25: Reto 21
- MAIO
-Sábado 9: Pobo durme
-Sábado 23: Escape room
- XUÑO
-Sábado 20: Expediente PI
Para máis información pódese contactar a través do correo info@anacoseducativos.com ou no teléfono 694 216 484.
Con esta proposta, o Concello da Estrada reafirma a súa aposta por impulsar alternativas de ocio educativo e saudable para a mocidade, promovendo a participación activa e a creación de espazos seguros de encontro.
E lembra! Se sabes seguro que vas ir, avisa. E se non avisaches e queres participar, serás benvido.