Axenda Eventos
Axenda Cultural

Presentación “A música tradicional galega a través da fotografía”

📅 Data: 25 Marzo 2026
Hora: 19:00 h
📍 Lugar: CMUS A Estrada
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: CMUS A Estrada

O alumnado do 6º curso de Grao Profesional do Conservatorio presenta o traballo titulado “A música tradicional galega a través da fotografía”, no que exploran a nosa herdanza musical desde unha ollada artística e documental.

Ao longo da presentación achegarémonos a tres manifestacións fundamentais da tradición musical galega, empregando a fotografía como fío condutor dun percorrido que une memoria e creación.

As imaxes non só amosan músicos ou instrumentos, senón tamén persoas, espazos e formas de vida que manteñen viva a identidade cultural do noso pobo. 

Scroll ao inicio
Ir o contido