Margarita Viso é unha intérprete, compositora e musicóloga galega nacida na Coruña.
A súa actividade musical abarca a musicoloxía, a interpretación, a composición, a docencia e a edición, e a súa investigación céntrase principalmente en compositores galegos, destacando os seus traballos sobre Marcial del Adalid e José Baldomir.
En 1997 creou a editorial Viso, dedicada á publicación de música de autores galegos, que leva publicados máis de corenta e cinco títulos.
En 2020 recibiu o Premio da Crítica de Galicia en música pola súa traxectoria.
Inauguramos a semana das Artes Galegas cun acto moi especial: no bicentenario do nacemento de Marcial del Adalid y Gurrea, a pianista, compositora e investigadora Margarita Viso achéganos á vida e obra desta figura clave do Romanticismo español e pioneiro do Rexurdimento musical galego.
Marcial del Adalid naceu na Coruña en 1826 e é considerado o pai da canción clásica galega. Formado en Londres e París, onde tivo contacto con figuras como Moscheles e Liszt, soubo trasladar o mellor da música romántica europea á nosa lingua e tradición. Compuxo case 300 obras, moitas delas para voz e piano con textos de Rosalía de Castro e da súa muller, Fanny Garrido. Foi pioneiro no uso da música tradicional galega dentro da música culta, abrindo o camiño do Rexurdimento musical. Este 2026 celébrase o bicentenario do seu nacemento.
Unha cita imprescindible para coñecer mellor a nosa historia musical. ¡Non vos a perdades!

