Audicións do Conservatorio Profesional de Música

O Conservatorio Profesional de Música da Estrada programa para os días 16, 17 e 18 de marzo os concertos didácticos correspondentes ao segundo trimestre.

Os alumnos e alumnas do centro, co fin de mostrar os seus progresos musicais co seu instrumento de referencia, convidan a todos os interesados a presenciar as súas actuacións no propio auditorio do conservatorio.

Serán máis de oitenta os alumnos e alumnas participantes das doce especialidades que se imparten nesta entidade estradense actuando de forma individual, dúos, cuartetos ou grupos.

Scroll ao inicio
Ir o contido