Axenda Eventos
Axenda Cultural

Concerto da Banda Municipal da Estrada | A Estrada, Luz e Son

📅 Data: 25 Marzo 2026
Hora: 20:00 h
📍 Lugar: Teatro Principal da Estrada
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: Banda Municipal da Estrada

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DA ESTRADA

A ESTRADA: LUZ E SON

A Estrada sempre foi berce de grandes eminencias artísticas; R. Silvestre Verea, M. Reimúndez Portela, A. Losada Diéguez, M. Valladares… Como non, o noso pobo tamén veu nacer músicos e compositores sobresaíntes, que seguen a crear obras, que reciben a atención, e o aplauso de toda a xeografía mundial. Para todos estes artistas, a inspiración no seu proceso de creación está, infinidade de veces, en manifestacións culturais, tan ancestrais como a Rapa de Sabucedo, O Camiño dos Arrieiros ou o folclore das súas 51 parroquias; sinal de identidade para todos e todas os estradenses. En definitiva, A Estrada reborda arte e cultura por doquier; e a Banda Municipal da Estrada, cos seus case 160 anos de historia, forma evidentemente, parte deste fenómeno artístico e cultural. 
“A Estrada: Luz e Son” é un espectáculo audiovisual, integrado por repertorio escrito por veciños estradenses de nacemento, ou moi afincados nesta terra. Inspirado no patrimonio local, do cal a Banda Municipal trata de ser unha verdadeira embaixadora.

  • OTERO PAINO, Manuel (Loimil, 1982).- Coral e Fanfarria (2019)
  • NÚÑEZ SEOANE, JUAN (Santeles, 1972).- O Camiño dos Arrieiros (2025)
  • COUCEIRO RIVEIRA, Simón (A Estrada, 1973).- A Rapa das Bestas (2015)
  • LÓPEZ MASID, Eulogio (Sobrado do Bispo, 1925 – Santiago de Compostela, 2018).- Brincadeira
  • LOUREIRO DURÁN, José Luís (A Estrada, 1981).- A Porta do Alén (2021)
Scroll ao inicio
Ir o contido