Apertura prazo inscrición nas probas ComDix – nivel Intermedio (edición de Abril)

Hoxe -16 de marzo- se abre o prazo para inscribirse nas probas presenciais para a obtención do certificado galego de competencias dixitais  (ComDix), no seu nivel Intermedio, probas a realizar a finais do mes de abril en 49 localidades de Galicia.

De acordo coa RESOLUCIÓN do 07 de xaneiro de 2026  (DOG Núm. 10, do 16 de xaneiro),  pola que se convocan as ditas probas, as persoas interesadas en participar dispoñen dun prazo de dez (10) días naturais (ata o mércores 25 de marzo inclusive) para solicitar a súa participación nunha única localidade, día e hora.

Pode atopar maior información desta convocatoria na web:

https://cemit.xunta.gal/gl/convocatorias-probas-de-certificacion-nivel-intermedio-abril-2026.

  • DATA DAS PROBAS28, 29 e 30 de ABRIL
  • PRAZO DE INSCRICIÓNdo luns 16 ata ao mércores 25 de marzo, inclusive
Scroll ao inicio
Ir o contido