CONCERTO DE PEDRO PASTOR Y LOS LOCOS DESCALZOS
- REPARTO: Pedro Pastor y los Locos Descalzos (Nico Martos, Álvaro Navarro e Alan Denis)
- XÉNERO: Canción de autor
- PÚBLICO: Todos os públicos
- DURACIÓN: 90 min
- PREZO: 10,00 € (á venda en ataquilla.com e Dpto. Concello da Estrada)
- SINOPSE: Pedro Pastor é un dos referentes da nova música de autor en España e América latina cun estilo que mestura ritmos latinoamericanos, rap, hip hop, balada ou rumba. Con oito discos publicados, Pedro Pastor chega ao Teatro Principal da Estrada para facer un repaso da súa traxectoria e presentar os temas do seu novo traballo discográfico.
Por primeira vez en A Estrada, un dos cantautores e artistas latinoamericanos máis destacados actuará coa súa banda Los Locos Descalzos.
Pedro Pastor encarna a viaxe, o camiño e a fusión cultural. As súas letras falan de rebelión, amor, cambio e aprendizaxe. Combina música folk con sons orgánicos, moito baile e unha profunda reflexión, todo mantendo a esencia da tradición cantautora. Experimentar a súa música é infinitamente mellor do que as palabras poden describir.
Esta é unha oportunidade marabillosa para mergullarse no seu talento, que provén dun legado familiar onde florece a composición: Luis Pastor e Pedro Guerra.
Venda de entradas en Ataquilla: AQUÍ

