A Estrada porá en marcha a vindeira semana o programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) “Camiños de coñecemento e experiencia”, un proxecto de democratización do coñecemento que achega formación universitaria a maiores de 50 anos.
O tamén chamado IV Ciclo desenvolverase os días 4, 5, 6, 10 e 12 de marzo, en horario de tarde e na Casa das Letras. A metodoloxía será de corte participativo e aberto, onde os docentes universitarios desenvolveran sesións que buscan favorecer o dialogo e participación dos asistentes. Unhas delas terán formato teórico e outras un carácter práctico.
O programa deste ano será o seguinte:
- 4 de marzo, de 16.30 a 18.00 horas . Pedagoxía, educación e desenvolvemento: (Re)pensar o papel da educación na actualidade. Con Marcos Pequeño Goris, investigador da Facultade de Ciencias da Educación e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.
- 5 de marzo, de 16.00 a 19.00 horas. A orixe do culto xacobeo: historia e lenda. Con profesor Victoriano Nodar.
- 6 de marzo, 16.30 a 18.00 horas. O uso do móbil, sácalle partido, da man de Álvaro Dosil Rosende, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Programa Universitario de Maiores.
- 10 de marzo, 16.30 a 18.00 horas. O uso do móbil, sácalle partido, novamente con Álvaro Dosil.
- 12 de marzo, de 16.30 a 18.00. Pedagoxía, educación e desenvolvemento: (Re)pensar o papel da educación na actualidade. Marcos Pequeño Goris.
As persoas interesadas en sumarse a esta proposta formativa universitaria poden xa realizar a súa inscrición telemática no seguinte enlace: