Queres participar na escola de emprego xuvenil A Estrada 2026?

ATENCIÓN XUVENTUDE
  • Tes menos de 30 anos?
  • Estás na procura de emprego?
  • Tes formación ou non a tes?
Non importa onde residas; nin o teu nivel de estudos; podes participar igualmente. 🚀 Esta oportunidade é para ti! Dende Acción Contra a Fame Galicia, en colaboración co Departamento Emprego Concello da Estrada, poñemos en marcha a ESCOLA DE EMPREGO XUVENIL DA ESTRADA 2026: 🗓 De xaneiro a xuño ofrecerémosche:
  • Formación técnica
  • Formación específica
  • Orientación laboral personalizada
  • Acompañamento na túa procura de emprego
  • E moito máis para axudarche a construír o teu futuro profesional 🌱
💡 Dá o primeiro paso cara ao teu futuro laboral e mellora as túas oportunidades de emprego cunha formación práctica e adaptada a ti. 📲 Infórmate xa e inscríbete enviando un correo electrónico a: rcpombo@accioncontraelhambre.org indicando no asunto: ESCOLA DE EMPREGO DA ESTRADA e no contido os teus datos de contacto, ou directamente nesta ligazón: Programa Vives Aprende .  
Scroll ao inicio
Ir o contido