Xa está aquí EstradaEscena Primavera

A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane, presentou esta mañá a que será a programación cultural para os vindeiros meses. Baixo o nome de EstradaEscena Primavera, propón máis dunha vintena de eventos e subirá o pano o vindeiro 28 de febreiro.

Seoane destacou que se trata dunha programación para esta primavera que, en termos de calidade, “podemos dicir que vai ser unha das mellores destes últimos anos“.

EstradaEscena Primavera reúne a artistas locais e foráneos, formatos que van dende o teatro e o monólogo cómico á música pasando pola maxia ou o novo circo. 

Serán espectáculos dirixidos a todo tipo de idades e que se desenvolverán dende finais de febreiro ata á festa do Salmón, momento no que os eventos culturais  e festivos se trasladarán ás rúas da vila coa chegada do bo tempo.

Velaquí o resumo do programa para estes meses e tamén o cartel, deseñado pola ilustradora estradense Rosa de Cabanas.

Scroll ao inicio
Ir o contido