Mantense a programación do Martes de Entroido

O Concello da Estrada decidiu manter a programación das actividades deseñadas para este Martes de Entroido, día no que a vertente máis tradicional destas festas chega ao casco urbano.

Unha vintena de comparsas de distintas parroquias participarán no desfile, que sairá ás 16.30 da Rúa Antón Losada Diéguez.

Entre elas figuran as de Couso, ANPA do Foxo, Amigos Fernando Conde, Callobre, ANPA Figueiroa, Priscilla Dance, ANPA de Vea, Matalobos, Santeles, Ribela, ANPA de Codeseda, ANPA de Oca, Riobó, San Xurxo de Vea, Santo André de Vea, Stradanza, San Miguel de Castro, Santa Cristina de Vea, ANPA de Pérez Viondi e o Padre Xiao.

O atranque dos Xenerais da Ulla corre este ano por conta dos veciños de Santa Cristina de Vea e será na Praza da Feira, ao fío das 18.30 horas.

Scroll ao inicio
Ir o contido