Cabecera Evento
Axenda Cultural

Concerto de Loita Amada

📅 Data: 13 Febreiro 2026
Hora: 20:00 h
📍 Lugar: Discoteca Nicols
🎟️ Prezo: 10€ adiantada // 15€ na billeteira
✍️ Autor: Loita Amada
En Loita Amada temos unha representación xeográfica ampla e diversa: dende Viveiro ata o Courel, pasando por Pontevedra ou Ordes. Pero o noso centro de operacións é, foi e será sempre A ESTRADA.
E, como non podía ser doutro xeito, imos facer unha festaza de presentación de disco aquí:
  •  Venres 13 ás 20:00 hs na Sala de Exposicións Abanca, inauguración da Exposición “Distintos pobos unha mesma loita”. Entrada de balde (haberá pincho e sinatura de discos)
  • Sábado 14 ás 19:00 hs nos Minicines Central, proxección dos videoclips e docus da banda. Entrada de balde.
  • Sábado 14 ás 21:00 hs na Discoteca Nicol’s concerto. Estaremos acompañados dos amigos de Noxo
Venda de entradas anticipadas físicas á venda na Vinoteca; online en Afouta -> billeteira-e Afouta  e tamén na billeteira da Discoteca Nicol`s o propio día do concerto.

Vídeo do evento

Scroll ao inicio
Ir o contido