Imagen Cabecera Común

Choivas intensas previstas para A Estrada: aviso a veciñanza.

Os servizos meteorolóxicos e o 112 Galicia informan da previsión de choivas persistentes e localmente intensas para mañá, polo que se recomenda extremar a precaución e seguir a evolución da situación.

Segundo as previsións actuais, os períodos de maior intensidade da choiva poderían concentrarse:

Durante a madrugada e primeiras horas da mañá

Entre o mediodía e a primeira metade da tarde

Estes episodios poden provocar acumulacións puntuais de auga, especialmente en zonas baixas, pasos inferiores ou puntos habituais de drenaxe.

Dispositivo municipal de prevención

Co obxectivo de garantir unha resposta rápida ante calquera incidencia, o Servizo de Emerxencias da Estrada reforzarase mañá con máis persoal, permanecendo en alerta e coordinado co 112 para atender posibles actuacións no municipio.

Consellos e recomendacións

Desde o Servizo de Emerxencias da Estrada trasládanse á veciñanza unha serie de consellos e recomendacións preventivas, co fin de reducir riscos e evitar incidencias innecesarias:

Evitar desprazamentos non imprescindibles nos momentos de maior intensidade da choiva.

Conducir con especial precaución, adaptando a velocidade ao estado da vía e mantendo a distancia de seguridade.

Non atravesar zonas anegadas nin balsas de auga, aínda que aparenten pouca profundidade.

Revisar, na medida do posible, sumidoiros, baixantes e desaugadoiros nas vivendas.

Manterse informados a través das canles oficiais e seguir as indicacións das autoridades.

📞 En caso de incidencia ou emerxencia, pódese contactar con:

Emerxencias da Estrada: 986 57 33 33

112, para situacións de urxencia

A situación será seguida de preto e comunicarase calquera novidade relevante que poida afectar á seguridade da veciñanza.

 

aviso1

 

Scroll ao inicio
Ir o contido