Axencia Instituto Enerxético de Galicia convoca axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial e abre para de adhesión para as entidades colaboradoras envargadas de tramitar os expedientes
OBXECTO DAS BASES
O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte de enerxía a xeotermia, a hidrotermia, a aerotermia ou a enerxía solar térmica.
Equipamentos incluídos:
Caldeiras de biomasa.
Caldeiras que utilicen leña.
Caldeiras de pellets.
Bombas de calor.
Paneis solares.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial, ou as comunidades e as mancomunidades de veciños.
As actuacións subvencionables deben realizarse en vivendas ou en edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia e localizadas no ámbito rural, entendéndose como tal o ámbito de aplicación do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.
CONTÍA DA AXUDA
A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Procedemento de tramitación: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
Entidades colaboradoras: As solicitudes de adhesión presentaraas a entidade interesada segundo o anexo II.
Solicitudes de axudas: Serán presentadas polas entidades colaboradoras segundo o anexo IV.
Prazos a ter en conta:
Adhesión de entidades colaboradoras: Desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG ata o 23 de febreiro de 2026.
Solicitude de axudas para particulares: Desde o 9 de febreiro de 2026 ás 9.00 horas ata o 13 de marzo de 2026.
INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE
Esta axuda trámitase a través das ENTIDADES DE COLABORACIÓN ADHERIDAS Á XUNTA (das empresas de instalación e comercios que sexan colaboradoras).
Referencia oficial: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0474-161225-0005_gl.pdf