Papá Noel solidario a prol da Fundación Andrea
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, acompañou este mediodía á comisión organizadora do Papá Noel Solidario que se celebrará, o vindeiro 14 de decembro, a prol da Fundación Andrea. Este colectivo apoia a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.
Será o domingo 14 de decembro, de 15.00 a 210.00 horas, no pavillón Coto Ferreiro.
As entradas poderán adquirirse o mesmo día ao prezo de 5 euros para os nenos e de 2,5 para adultos.
A venda anticipada xa está en marcha. Podes mercar a túa en Pintaletras, Anacos, Soei, 4Elefantes, Esperando a Valentina e Agasallos.
Se non podes asistir pero queres colaborar, podes facer a túa aportación na FILA CERO.
O recinto contará con inchables, pista americana con toro mecánico, varredora, rocódromo de 7 metros, cans de axuda, obradoiro de adornos de Nadal, pintacaras, construcións magnéticas e un longo etcétera.
Haberá exhibicións de Priscila Dance, Club Ximnasia A Estrada, Stradanza, Sondodance e concertos de Musikenos, a Banda Xuvenil da Estrada e Escola de Música de Barbude. Ocionatuas sumarase con gafas de raelidade virtual.
Ademais, ás 18.15 chegará Papá Noel e haberá un fotomatón para que leves a túa foto gratis.
Deixamos por aquí o programa e dos datos para a fila cero: