Imagen Cabecera Común

Corte ao tráfico da Rúa 56 dende este xoves

No marco das obras de reforma da Praza de Galicia, a circulación na Rúa 56 quedará interrompida por espazo aproximado de dúas semanas, sumándose ao peche da Rúa San Paio.

A Rúa 56 estará cortada para poder realizar unha obra de fresado integral do seu asfalto. De seguido, aplicarase un formigón de limpeza, reabríndose ao tráfico para que se poida circular por ela durante o Nadal, antes de que se coloque o novo pavimento.

A única circulación permitida no entorno máis próximo á Praza de Galicia será a que empregue a Rúa Pérez Viondi para despois acceder á Avenida de América.

Haberá tamén cortes na Travesía da Igrexa, que conecta coa zona do Cruceiro, e a situación traerá consigo cambios na parada de taxis e no servizo de autobús que cobre a liña A Estrada-Santiago.

A parada de taxis trasladarase fronte ao Banco Santander, na propia Praza de Galicia, dende a mañá do xoves.

A parada de autobús da Praza de Galicia pasa á Praza da Constitución, a carón do consistorio.

O plano amosa como quedará a circulación, en vermello coas rúas que estarán cortadas en, en azul, as vías abertas ao tráfico.

Scroll ao inicio
Ir o contido