Imagen Cabecera Común

Composteiros gratuítos para vivendas unifamiliares

O Concello da Estrada pon en marcha unha campaña de compostaxe doméstica a través da que se entregarán 500 composteiros en viviendas unifamiliares, xunto cun kit de compostaxe que consta dun aireador, un cubo pechado para a recollida e o transporte de residuos orgánicos, unha rede antirroedores e un manual impreso sobre compostaxe doméstica.

O composteiro que se entregará ten capacidade para 400 litros, debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

Aqueles veciños que residan nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 metros cadrados pode solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 986 570 030 [extensión 6: Alcaldía] ou ben directamente a través da solicitude online neste formulario

Tamén poden achegarse á acción informativa que se desenvolverá esta mañá na Praza do Mercado para solicitar máis información e tramitar in situ a súa solicitude de composteiro para a súa horta ou parcela.

Scroll ao inicio
Ir o contido