Imagen Cabecera Común

Novo vehículo para Emerxencias A Estrada

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, acompañaron este mediodía ao alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, no acto de presentación da Bomba Rural Pesada cedida este ano pola Xunta e que vén reforzar os medios do servizo Emerxencias A Estrada.

 

A dotación está valorada en 270.000 euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do programa Feder. Este vehículo dispón de cisterna con capacidade para 3.500 litros, unha bomba contra incendios que permite o lanzamento de auga tanto con baixa como con alta presión e carrete de primeiro socorro con mangueira semirríxida e lanza de alta presión, entre outras prestacións.

 

 

O alcalde sinalou que este medio xa se incorporou ao servizo e foi empregado nas tarefas de extinción dos 13 incendios forestais rexistrados na Estrada e tamén noutros de varios municipios do norte provincia de Pontevedra durante a vaga de incendios.

 

Gonzalo Louzao fiou esta presentación co balance das accións das brigadas de prevención de incendios, que veñen de concluír os seus traballos. Estes incluíron a roza mecanizada de 60 hectáreas nas parroquias de Liripio, Codeseda, Souto, Arca, Nigoi, Tabeirós, Ribela, Vinseiro, Parada, A Somoza, Ouzande, Matalobos e A Estrada. A estas tarefas engádense os traballos de roza manual.

Scroll ao inicio
Ir o contido