Aprende a usar Internet e o móbil con YoConecto

O Concello de A Estrada ofrecerá tres novos cursos gratuítos de formación dixital dentro do programa YoConecto, impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea, a través do Ministerio para a Transformación Dixital.
Trátase dunha iniciativa pensada para achegar o mundo dixital á veciñanza, especialmente ás persoas maiores, e axudarlles a perderlle o medo á tecnoloxía. As sesións serán moi prácticas e realizaranse en grupos reducidos, cunha metodoloxía sinxela e acompañada.
Durante os cursos, as persoas participantes poderán aprender a:
⦁ Facer trámites coa Administración: pedir cita no médico, descargar recibos ou solicitar axudas.
⦁ Usar aplicacións útiles no día a día, como WhatsApp, mapas ou apps de saúde.
⦁ Realizar compras e operacións bancarias en liña de forma segura.
⦁ Falar por videollamada con familiares e amigos.
⦁ Descubrir novas ferramentas para o lecer, a aprendizaxe e a comunicación.
As formacións impartiranse de xeito presencial na Casa da Música (Avda. Benito Vigo, 94), en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Calendario de cursos.
⦁ YoConecto L4. Iniciación ao mundo dixital
Dirixido a maiores de 18 anos
Días: 2, 4, 9 e 11 de decembro
⦁ YoConecto L1. Apps para xestionar trámites en Internet.
Dirixido a maiores de 60 anos
Días: 20, 22, 27 e 29 de xaneiro.
⦁ YoConecto L1. A túa banca dixital e compras seguras en liña
Dirixido a maiores de 60 anos
Días: 3, 5, 10 e 12 de marzo.
Cada curso terá unha duración total de 12 horas, repartidas en catro sesións de tres horas.
Inscricións
As persoas interesadas poden inscribirse da seguinte maneira:
– No Departamento de Emprego do Concello de A Estrada (1ª planta da Casa do Concello).
Para máis información, poden contactar con Ana Ferradáns no teléfono 986 677 740.
É necesario facilitar nome completo, data de nacemento, teléfono e correo electrónico propio.
Se algunha persoa non dispón de correo electrónico, o Concello ofrecerá unha sesión previa para axudala a crealo antes do comezo do curso.
As datas límite para inscribirse son:
1. Curso de decembro: ata o xoves 13 de novembro.
2. Curso de xaneiro: ata o venres 2 de xaneiro.
3. Curso de marzo: ata o xoves 12 de febrero.
Para que a actividade poida realizarse, é necesario contar cun mínimo de 10 persoas inscritas en cada curso.
Unha oportunidade para conectar co mundo.
Estes cursos son unha porta aberta ao mundo dixital, unha forma práctica e acompañada de aprender cousas novas que facilitan o día a día.
Porque nunca é tarde para aprender, comunicarse coas persoas que queremos ou facer un trámite dende a casa sen colas nin esperas.
Anímate e participa! O Concello de A Estrada axúdache a conectar.