A Estrada Urban Race, o xoves 13 de novembro
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e a directora do Centro Eduardo Barreiros Maria Jesús Carnero, presentaron este mediodía a carreira educativa urbana que se celebrará no Concello A Estrada o xoves día 13 de novembro, a partir das 11.00 horas, nas inmediacións do pavillón Manuel Coto Ferreiro, baixo o nome de A Estrada Urban Race.
A maiores dos valores educativos, esta primeira proba do curso 25-26, forma parte dun proxecto de innovación aplicada, xestionado polo EduXunta no que participan os centros de FP xa confirmados de:
• CIFP A Xunqueira (Pontevedra)
• IES Vilalonga (Sanxenxo)
• IES María Sarmiento (Viveiro)
• IES O Ribeiro (Ribadavia)
• IES Castro da Uz (As Pontes)
• IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
• IES de Ordes
Esta proba contará coa participación de vehículos eléctricos deseñados e fabricados por equipos de alumnado de varios centros de Formación Profesional da nosa comunidade autónoma con ensinanzas de automoción.
Os estudantes encárganse do deseño e construción dun vehículo eléctrico buscando a maior eficiencia na pista. Os propios alumnos exercen de mecánicos, xefes de equipo e pilotos duns vehículos, que deben de percorrer a maior distancia nunha hora.