Imagen Cabecera Común

Nova web de Radio Estrada

A emisora municipal Radio Estrada está de estrea. Da man de AEstradadixital, a entidade celebra o seu 30 aniversario completando os seu cambio de imaxe corporativa coa posta en marcha dunha páxina web. 

O director de AEstradadixital, Diego Pernas, a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, e o director de Radio Estrada , Damián Cortés, presentaron hoxe o novo espazo

O primeiro paso foi adecuar o seu dominio ao .gal, de xeito que a nova web pasa a ser www.radioestrada.gal.

Entre as súas novidades figura a sección de noticias de última hora, o novo formulario para o exitoso Mercadiño de Radio Estrada e a sección de necrolóxicas, que quedará automatizada a través de intelixencia artificial.

A emisora incorporará un canal de Telegram no que os usuarios poderán recibir alertas para ter sempre á man os novos podcast.

A web ofrece asemade sección de arquivo sonoro e blog.

Scroll ao inicio
Ir o contido