Imagen Cabecera Común

María Mera, pregoeira do San Paio 2025

Os integrantes da comisión organizadora das festas patronais de San Paio da Estrada deron xa a coñecer quen será a persoa encargada de pregoar este ano as celebracións. Trátase da actriz, xornalista e presentadora María Mera. Durante o acto de presentación do pregón, ao que acudiu Mera, a comisión estivo acompañada polo tenente de alcalde, Alberto Blanco Carracedo.
María Mera agradeceu publicamente o nomeamento como pregoeira e dixo que ten por diante o desafío de superar a Lito Garrido e César Romero, cantantes das orquestras Panorama e Cinema que pregoaron as festas estradenses en 2024.
A coñecida presentadora pronunciará o pregón o vindeiro 25 de xuño, ás 13.00 horas, dende o balcón do Concello, o mesmo no que posou coa comisión. Despois das súas palabras haberá chupinazo para marcar o inicio das festas patronais e un brindis con sidra da Estrada e viño galego polo San Paio 2025.
Aproveitando a súa comparecencia ante os medios, María Mera non esqueceu lembrar publicamente que realizou as súas prácticas na emisora municipal Radio Estrada.
Scroll ao inicio
Ir o contido