Imagen Cabecera Común

XII Carreira nocturna 2025

O Concello da Estrada, en colaboración co Atletismo A Estrada, organizan o sábado día 21 de Xuño de 2025 a carreira popular XII ESTRANOITE.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2025 nun circuíto urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes dúas voltas o mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
Inscricións dende venres día 23 de maio ata o mércores día 19 de xuño de 2025 as 23:59 horas na web http://www.emesports.es (única forma de inscrición).

Scroll ao inicio
Ir o contido