Programación da LI Festa do Salmón
A Estrada celebra este domingo, 18 de maio, una nova edición do seu evento gastronómico máis destacado e consolidado, a Festa do Salmón. Será unha xornada repleta de actividade, na que se irá debullando o seguinte programa:
• 11.00 horas: Apertura da mostra Expo BAE na Sala Abanca, con preto dunha trintena de árbores e obradoiros divulgativos.
• 12.00 horas: Pregón, no Teatro Principal, a cargo do actor de humorista Xosé Antonio Touriñán, e imposición das insignias Salmón de Ouro ao propio pregoeiro, ao CD Estradense, Rosaura Leis Trabazo e ao Centro Cultural do Partido da Estrada en Bos Aires (Arxentina).
• 12.30 horas: Teatro infantil diante da Sala Abanca (ou na Casa das Letras, en caso de chuvia). A obra será “Castelao, un corazón á intemperie”, da compañía Fantoches Baj.
• 13.00 horas: Inicio da degustación popular de salmón na Praza da Constitución, na carpa instalada ao pé do consistorio. Participarán 12 restauradores con 20 propostas culinarias.
• 13.30 horas: Concerto da BigBand Carlos Barruso na Praza da Constitución.
• 17.00: Expo BAE na Sala Abanca.
• 19.00 horas: Concerto da Coral Polifónica Estradense e da Coral Polifónica de Entenza (Salceda de Caselas) no Teatro Principal.
• 20.00 horas: Actuación da orquestra París de Noia na Praza de Galicia.
E antes do gran día, haberá programación para ir preparando o ambiente festivo. Xunto coa programación enmarcada na conmemoración das Letras Galegas, o sábado, 17 de maio, celebrarase o XIV Raid Hípico do Salmón (campionato galego), na praia fluvial de Liñares, xunto con Festival Folclórico do Salmón, no que se unirán Tequexetéldere e o grupo Caramancho.