- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Información Campamentos de verán 2025
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Servizo de atención temperá
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Actividade de piscina para persoas maiores segunda quenda 2025
- Programa “arteterapia” para persoas con discapacidade intelectual
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Resultados da votación sobre a Farola da Praza de Galicia
A Estrada pechou un proceso de votación histórica na que os veciños tiveron a oportunidade de decidir sobre a ubicación e o tipo de farola que adornará a nova Praza de Galicia, no proxecto de peonalización que está en marcha. A participación foi significativa e demostra o interese da veciñanza por implicarse nas decisións que afectan ao espazo público.
En canto á ubicación da farola, os resultados foron os seguintes:
Opción 1: 173 votos
Opción 2: 820 votos (gañadora)
Opción 3: 154 votos
Votos nulos e brancos: 14
Respecto ao modelo de farola, a opción máis votada foi:
Opción A: 453 votos
Opción B: 683 votos (gañadora)
Votos nulos e brancos: 11
Deste xeito, a ubicación elixida pola maioría dos veciños foi a opción 2 e o modelo de farola será o correspondente á opción B. Agradecemos a todos os estradenses que participaron neste proceso, reafirmando o noso compromiso de seguir promovendo unha praza que sexa un espazo de encontro e orgullo para toda a comunidade.
