Concello da Estrada

Joan Estrader comanda o novo proxecto da EMAE

Este xoves día 3 anunciouse en rolda de prensa o proxecto pedagóxico que, da man do director catalán Joan Estrader, a EMAE vén traballando dende días atrás.

Un proxecto interpretado por Fran Campos, Ademar Silvoso, Fina Raposo e Arturo Cobas “Nono” centrado no xénero do clown e do humor absurdo e que ten a Galicia coma eixo temático.

Hoxe xoves, ás 20.30h, o elenco confrontará co público un primeiro pase do espectáculo que será estreado definitivamente a primeiros do 2025.

Scroll ao inicio
Skip to content