–
27/04/2024
Este sábado dende as 16 h na Praza do Concello.
A Xunta de Galicia e o Concello da Estrada pon en marcha unha nova edición do programa DÍA DA XUVENTUDE, cunha ampla programación formativa e de ocio.
– Lecer educativo.
– Fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box.
– Gastronomía saúdable.
– Xogos educativos e showcooking con produtos locais e de tempada.
– Información Xuvenil.
– Caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.
– Sensibilización mediambiental.
– Talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.
– Igualdade de xénero.
– Relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.
– Taller de graffiti.
– Técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.
– Habilidades de empregabilidade.
– Dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.
– Amenización con Dj durante toda a xornada
OBXETIVOS
- Facilitar á mocidade galega a posibilidade de participar nun programa de actividades lúdico-formativas que contribúa ao seu enriquecemento persoal mediante aprendizaxes non formais.
- Fomentar a participación, o ocio e o lecer saudable entre a mocidade galega.
- Transmitir valores á xuventude a través de actividades que requiran do traballo en equipo, colaboración mutua e que fomenten o respecto, a igualdade, a inclusión e o espírito deportivo.
- Achegar ás persoas mozas información dos programas que desenvolve a Xunta de Galicia destinados á mocidade, así como dos recursos públicos que están á súa disposición.
- Ampliar as ferramentas de conciliación e espazos de coidado a disposición das familias galegas.