Concello da Estrada

‘Un médico na aldea’

‘Un médico na aldea’


08/03/2024

  • A obra, interpretada por Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas, sobre o escrito orixinal de Manuel Reimóndez Portela está dirixida e adaptada por Santiago Cortegoso.

A gran expectación xerada polo musical provocou ampliar a programación orixinal, será o venres 8 de marzo no Teatro Principal ás 21:00 horas.

O escrito de Reimóndez Portela constrúese sobre un compendio de diversos relatos e vivencias vividas polo propio autor durante a súa época como médico na aldea, e, baixo a dirección de Santiago Cortegoso a narrativa de Reimóndez mudará ao arte escénico do musical coas interpretacións de Tequetexéldere e os integrandes da Escola Municipal de Artes Escénicas, así como coas ilustracións en directo de Rosa de Cabanas.

O edil de Cultura, Juan Constenla, convidou ao público a asistir “a un evento que supón unha exaltación da produción cultural estradense e do carácter multidisciplinar da mesma”. Durante a súa intervención Constenla agradeceu “o traballo de todos os axentes implicados para a materialización dunha obra que pon en valor o talento que atesouran as persoas e os colectivos artísticos da Estrada”.

As entradas poderán recollerse por un prezo de tres euros no departamento de Cultura do Concello.

.

Scroll al inicio
Ir al contenido