Concello da Estrada

¡Se Acabó! de Moncho Borrajo

¡Se Acabó! de Moncho Borrajo


22/03/2024

Logo de máis de 50 anos facendo rir polos milleiros de escenarios de toda España, Moncho Borrajo di adeus co seu último espectáculo, ¡Se acabó!, un show cargado de humor, tenro, divertido e moi especial. ¡Se acabó! son 90 minutos de humor con algún dos seus mellores textos, algunha cousa nova e un final do máis sorprendente.

Deste xeito, o polifacético artista chegará ao Teatro Principal da Estrada o venres 22 de marzo ás 21.00 horas nunha xira que comezou en Vigo e que percorrerá cidades como Zamora, Valladolid, Sevilla, Córdoba, Burgos ou Elche.

As entradas poderán mercarse na web ataquilla.com ou no departamento de Cultura do Concello da Estrada. O prezo por entrada será de 10 euros.

.

Scroll al inicio
Ir al contenido