Concello da Estrada

Maratón de cine de terror - PANIC

Maratón de cine de terror - PANIC


26/01/2024

O venres 26 ás 22.30h, en Minicines Central, décima edición do Festival de Cine de Terror PANIC.

Unha edición dirixida preferentemente ao alumnado dos IES estradenses, organizado e apoiado polas concellerías de Cultura e Sanidade do Concello da Estrada como unha alternativa de ocio saudable para a xente nova. O programa está complementado cunha exposición pictórica de Manuel Fragoso titulada 26 Seres vivos e por unha sesión de lectura de microrrelatos protagonizada pola escritora Arantza Portabales. As entradas serán de balde ata completar a capacidade das salas.

22.30h-0.45h
Terrifier 2
Despois de ser resucitado por unha entidade sinistra, Art the Clown regresa ao condado de Miles en plena noite de Halloween…

.

Scroll al inicio
Ir al contenido