Concello da Estrada

Maratón de cine de terror - PANIC

Maratón de cine de terror - PANIC


19/01/2024

Este vindeiro venres 19 ás 22.30h, en Minicines Central, bota a andar a décima edición do Festival de Cine de Terror PANIC.

Unha edición dirixida preferentemente ao alumnado dos IES estradenses, organizado e apoiado polas concellerías de Cultura e Sanidade do Concello da Estrada como unha alternativa de ocio saudable para a xente nova. O programa está complementado cunha exposición pictórica de Manuel Fragoso titulada 26 Seres vivos e por unha sesión de lectura de microrrelatos protagonizada pola escritora Arantza Portabales. As entradas serán de balde ata completar a capacidade das salas.

22.30h-00.10h
Cuando acecha la maldad
Nunha vila remota, dous irmáns descobren un home infectado por forzas malignas que está a piques de enxendrar o mesmo demo…

00.10h-01.40h
Háblame (Talk to me)
A adolescente solitaria Mia está enganchada á emoción de invocar espíritos, utilizando unha man embalsamada…

01.50h-03.35h
Las colinas tienen ojos
A viaxe dunha familia convértese nun pesadelo terrorífico cando se adentran nunha zona desértica de acceso restrinxido…

03.35h-05.10h
Arrástrame al infierno
Unha anciá decide vingarse dunha prestamista que lle quita a casa, lanzándolle unha maldición que converte a súa vida nun auténtico inferno…

.

Scroll al inicio
Ir al contenido