Concello da Estrada

Cultura

González Vigo, Marcial José

Biografía

Nace una aldea de Ramiráns, Santo André de Vea (A Estrada) no ano 1.945. É técnico Superior de Radiodifusión e Televisión, especialidade en emisións e programación, e  Técnico en Relacións Públicas. Traballou na Cadena Ser en varias cidades de España e na COPE de Lugo, en sornáis, axencias de noticias e en Televisión  Española. Foi  Premio Galicia de Xornalismo no ano 1.985 Quizais o máis salientáble da súa biografía  sexa o nacer  nunha aldea e vivir de forma temporeira en máis de medio cento de parroquias rurais de Galiza.

Son numerosísimos os premios que acadou ao longo da súa vida profesional na Radio, na Televisión e na Prensa.

No noso idioma ten publicadas dúas obras. A primeira,  titulada MEDIO CENTO DE GALEGOS E ROSALÍA ( Ed. Celta, 1.983), en colaboración con Xulio Xiz Ramil,  amóanos os guións radiofónicos dos programas que,  so o título da obra, foron producidos en Radio Popular de Lugo e emitidos nas emisoras COPE de Galiza, e que acadaron o “Premio Nacional de Radio”, convocado polo Padreado “Rosalia de Castro” co gallo  do Centenario da publicación de  “Follas Novas”. Posteriormente publicou o extensísimo ensaio (895 páxinas) titulado TERRAS DE LUGO. O libro das parroquias do Concello e da cidade de Lugo (Publinorte de Lugo, 1.996).

Scroll al inicio
Ir al contenido