Concerto de nadal do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
Despois dun ano repleto de actuacións e clases, o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso celebra o seu habitual concerto de nadal coa actuación da big band e do coro.
Despois dun ano repleto de actuacións e clases, o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso celebra o seu habitual concerto de nadal coa actuación da big band e do coro.
Coma todos os nadais, o concerto de Fin de Ano reunirá sobre o escenario do Principal á Coral Polifónica Estradense, a Coral Polifónica de Soutomaior, ao pianista Alejo Amoedo e o contrabaixista Carlos Méndez cun repertorio que incluirá cancións de nadal, musical e bandas sonoras.
O Ano Cultual Virxinia Pereira despídese dos estradenses coa escenificación desta peza escrita por Paula Carballeira e na que o protagonista é un Castelao de oito anos de idade. Unha peza co obxectivo de achegar aos máis cativos un dos referentes máis importantes da cultura galega.
Préstame tu navidad non é unha aventura de nadal máis. é un musical pensado para invadir de tenrura, sorrisos e emocións ao neno que todos e todas levamos dentro. Narra a historia de Akinu, unha nena doutro planeta que emprenda toda unha viaxe espacial para pedir prestado un nadal para o seu planeta. Na Terra coñecerá unha avoa moi moi especial.