–

Convocantes O Concello da Estrada en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, convocará un curso de benvida dirixido a persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas. Obxectivos Este curso ten un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural das persoas participantes así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia para aumentar o número de falantes da nosa lingua. Duración, ratio e localización O curso terá unha duración de 20 horas e a modalidade será presencial cun número máximo de 20 alumnos/as maiores de 16 anos. Impartirase entre o 8 de outubro e o 6 de novembro na aula Cemit do Concello da Estrada situada na Casa da Música n.º 94 da Avda. Benito Vigo.  Inscrición A matrícula, que terá lugar por rigoroso orde de inscrición, poderá realizarse no Dpto. De Cultura, Lingua e Xuventude do Concello da Estrada ata o luns 28 de setembro Contido  No curso vanse estudar nocións básicas de lingua galega xunto con outros contidos relacionados coa cultura e a historia de Galicia (gastronomía, tradicións, festas, música etc.), ademais de facilitárselle ao alumnado recursos prácticos para a comunicación no día a día. Non se requiren coñecementos previos de galego. Ao remate do curso, os alumnos e alumnas recibirán un certificado oficial que acreditará a súa participación no curso.  TLF INFORMACIÓN 986573601 (Dpto. Cultura, Lingua e Xuventude do Concello)

–

Enmarcada nos actos que o Concello da Estrada programou con motivo do Ano Cultural Virxinia Pereira 2026, a Casa das Letras acolle unha charla na que se tratarán diversos aspectos da vida de Virxinia Pereira. A súa estada na vila, o seu periplo por terras americanas e europeas e a súa contribución a manter vivo o legado de Castelao. Participarán coma relatores no acto Henrique Monteagudo, Noni Araújo, Montse Fajardo e Miguel Anxo Seixas ademais de Carme Méndez no papel de moderadora.