XORNADA NO RÍO VEA | DOMINGO 4 DE OUTUBRO O domingo 4 de outubro saímos ao río Vea para compartir unha xornada de coidado e coñecemento do río Vea, aberta a todas as idades. Pola mañá participaremos na XIX Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por ADEGA a través do Proxecto Ríos. Unha acción que se desenvolve simultaneamente en distintos puntos de toda Galicia para retirar residuos dos nosos ríos e concienciar sobre a importancia de conservalos. Pola tarde faremos a inspección do río Vea dentro da campaña de Outono de Adega. Percorreremos uns 500 metros para observar a flora e fauna, tomar medicións e recoller mostras que posteriormente analizaremos. Programa: 11:00 h – Encontro no Centro Médico do Souto de Vea 11:30 – 14:00 h – Limpeza do río 14:00 – 15:30 h – Xantar comunitario na contorna dun dos muíños. Cada un/unha levará algo de xantar 15:30 – 17:00 h – Inspección do río 17:00 h – Análise dos datos Lembrade traer: botas ou catiuscas, roupa impermeable e unha muda por se nos mollamos. Inscricións: 722 317 656 info@axesteira.gal Vémonos no río! ☺️