📅 Data: 28 noviembre 2026
📍 Lugar: Couso
⏳ Duración: 16:00-20:00
🎟️ Prezo: 15 prezo xeral 10€ socias e familia numerosa
✍️ Autor: Asociación A Xesteira
XOGAMOS EN COUSO!
O sábado 28 de novembro volvemos a ter unha tarde de xogos, creatividade e diversión na Casa Escola de Couso. Un espazo para compartir, aprender e, sobre todo, pasalo en grande xogando en igualdade.
Teremos dúas grandes actividades:
- – O gran Xogo da Oca, un xogo no que cada casiña será un novo reto. Poñeremos a proba as nosas destrezas, a imaxinación e o traballo en equipo, ao tempo que descubrimos, a través de preguntas e desafíos, como construír relacións máis igualitarias e libres de estereotipos.
- – Chapas creadas por nós: deseñaremos chapas personalizadas con lemas e mensaxes a prol da igualdade. Unha oportunidade para expresar as nosas ideas, reivindicar o bo trato e levar connosco pequenas mensaxes que poden xerar grandes cambios.
- 📅 Sábado 28 de novembro
- 🕓 De 16:00 a 20:00 h
- 📍 Casa Escola de Couso Idades de 3 a 12 anos
- Prezos: • 15 € tarifa xeral • 10 € tarifa reducida para socias, segunda inscrición e familias numerosas.
- Inscricións e información: – info@axesteira.gal – 722 31 76 56

