📅 Data: 26 mayo 2026
⏰ Hora: 20:00
h
📍 Lugar: MOME
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: AC Vagalumes
A Asociación Cultural “Vagalumes” vai dar continuidade ao recoñecemento da escritora a quen este ano se lle dedicou o día das letras galegas cun acto no que teremos oportunidade de coñecer en profundidade a súa vida e obra coa presentación do libro “Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño” da autoría de María Xesús Nogueira e Ana Romaní. A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos “unha” biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación. Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.O acto terá lugar o vindeiro martes 26 de maio, ás 20:00 h. no salón de actos do MOME (Avenida Benito nº 92, A Estrada).

