Axenda Eventos
Axenda Cultural

Presentación do libro «Andrómenas e credos»

📅 Data: 5 junio 2026
Hora: 20:30 h
📍 Lugar: MOME A Estrada
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: AC Vagalumes

A Asociación Cultural “Vagalumes” presenta o libro “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes” do filólogo, etnógrafo e escritor Calros Solla o vindeiro venres 5 de xuño ás 20:30 no Mome (Avenida Benito nº 92, A Estrada).

Calros Solla, No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense.

O volume Andrómenas e credos reúne o froito de tres décadas de recolleita e estudo da mitoloxía popular de Cerdedo e a comarca de Terra de Montes. Comarca próxima que mesmo abrangue algunhas parroquias do concello estradense.

Criaturas fantásticas, lugares marabillosos, paisaxes arroubadoras, espazos sagrados e umbilicais –a revelación da Montaña Máxica do Seixo–, heroes e viláns, costumes, ritos, contos, lendas, conxuros, milagres, obxectos de poder, relatos fundacionais…, portentos saídos do pobo e retornados ao pobo con aglaio e requinte.

Para a elaboración desta “Suma mitolóxica” volveuse zugar con fruición dos testemuños orais e escritos, sempre na procura do xenuíno, da orixinalidade, da palabra certa…, engadindo e corrixindo, primando a conservación, a valorización e a divulgación do material recadado.

Scroll al inicio
Ir al contenido