Axenda Eventos
Axenda Cultural

Venres ON

📅 Data: 10 abril 2026
Hora: 18:00 h
📍 Lugar: Centro A Estación
Duración: 3 horas
🎟️ Prezo: de balde

VENRES ON

Proposta programación de actividades deseñadas especificamente para mozas e mozos. Buscamos crear un ambiente festivo e participativo, fomentando o espírito de equipo a través de actividades recreativas.

Este proxecto ten como obxectivo involucrar aos mozos, promovendo valores de colaboración,
responsabilidade social e creatividade durante o seu tempo libre. A programación está pensada para ser atractiva e relevante para o público xuvenil, ofrecendo unha alternativa construtiva e divertida.

A continuación, preséntanse as actividades para desenvolver durante as distintas xornadas, adecuadas para o público xuvenil. Cada actividade está pensada para ser inclusiva e fomentar a participación de todos os interesados.

  1. Constrúe ou teu xogo:
    Xogos tradicionalmente dixitais levados á práctica, a través da construción de elementos físicos con material reciclado.
  2. Xogos XXL:
    Xogos de mesa e pequeno formato levados a gran escala.
  3. Asalto á estación:
    Scaperoom por equipos.
  4. Xoga na cadeira:
    Xogos de mesa dispoñibles para todas as idades e en grupo.
  5. Menos 18:
    Simulador de condución
Scroll al inicio
Ir al contenido