📅 Data: 26 junio 2026
📍 Lugar: A Estrada
✍️ Autor: Comisión de festas San Paio 2026

Xornada grande nas festas!
Comeza con 3×3 Fútbol Sala e a Festa da Bicicleta, hai animación pola tarde na Zona dos Viños, e ás 20:00 h celébrase a misa en honra de San Paio seguida de procesión coa Banda da Brilat e a Banda Municipal de Silleda. Pecha a noite Ortiga e a Orquestra Panorama.
- 09:30 horas | 3×3 Fútbol Sala durante todo o día. (Alameda)
- 10:00 horas | Bombas de palenque.
- 11:00 horas | Festa da Bicicleta. (Praza do Mercado)
- 11:30 horas | Pasarrúas coa Charanga Noroeste.
- 12:30 horas | Concerto de Pacordas. (Praza de Galicia)
- 14:00 horas | Sesión vermú Punto Zero. (Porta do Sol)
- 17:00 horas | Tardeo na Zona dos Viños con DJ Julián, DJ Pedro Rivis e música en directo de Leite con Jalletas e Latexo Percusión.
- 19:30 horas | Concerto da Banda de Silleda. (Praza de Galicia)
- 20:00 horas | Misa na honra de San Paio na igrexa parroquial, cantada pola Coral Voces Amigas de Moraña. A continuación, procesión acompañada pola Banda da Brilat, a Banda Municipal de Silleda e a 18ª promoción da Policía Local de Galicia da Agasp. De seguido, concerto da Brilat. (Praza da Constitución)
- 22:30 horas | Concerto de Ortiga. (Praza de Galicia)
- 00:00 horas | Orquestra Panorama. (Praza da Constitución)

