📅 Data: 29 abril 2026
📍 Lugar: A Estrada
O próximo 12 de agosto teremos a oportunidade de presenciar un dos fenómenos astronómicos máis espectaculares que se poden ver a simple vista: un eclipse solar. E A Estrada está nunha posición privilexiada para desfrutalo.
¿QUE É UN ECLIPSE SOLAR?
Un eclipse solar prodúcese cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra, proxectando a súa sombra sobre a superficie terrestre. Cando a sombra cobre completamente o Sol fálase de eclipse total; cando só o cobre parcialmente, de eclipse parcial.
O TRÍO IBÉRICO DE ECLIPSES
A Península Ibérica vivirá entre 2026 e 2028 tres grandes eclipses en menos de tres anos, algo verdadeiramente excepcional. O do 12 de agosto de 2026 é o primeiro e o máis impactante para Galicia.

O ECLIPSE EN A ESTRADA · DATOS CONCRETOS
Desde A Estrada o eclipse alcanzará un 99,88% de oscurecemento, practicamente a totalidade. O ceo escurecerá de forma notable, as temperaturas baixarán e poderán verse as estrelas máis brillantes en pleno serán.Horario (hora oficial peninsular).
- Inicio: 19:32 h
- Máximo: 20:29
- Final: 21:23 h
- Duración total: 1 h 50 min
O Sol estará baixo no horizonte oeste (a só 11,7° de altitude), o que engadirá un efecto visual extraordinario: a escena producirase cun Sol alaranxado case a piques de poñerse.

CONSELLO PRÁCTICO: ENSAIA MAÑÁ
O astrofísico estradense Manuel Andrade, profesor da USC, compartiu un consello moi útil no Parladoiro que organizamos o pasado 23 de abril: mañá xoves 30 de abril, ás 20:30h, o Sol estará exactamente na mesma posición no ceo que o día do eclipse.Aproveitade para saír e buscar un lugar de observación con bo horizonte cara ao oeste, sen edificios nin árbores que tapen a vista. O lugar onde vexades o Sol libre de obstáculos mañá a esa hora será o lugar perfecto para o 12 de agosto.
COMO OBSERVALO CON SEGURIDADE
Desde A Estrada non haberá totalidade completa, polo que os filtros deben manterse en todo momento.Nunca mires o Sol directamente sen protección.Usa gafas homologadas de eclipse (filtro ISO 12312-2).Se non tes gafas, podes construír un proxector estenopeico caseiro con cartón e papel de aluminio, a NASA explica como nunha guía en vídeo moi sinxela.📎 [Imaxe: mapa de duración e oscurecemento en España

MÁIS INFORMACIÓN
Publicamos na web do Concello toda a información detallada, incluíndo mapas interactivos, animacións e todos os recursos para preparar a observación.
Información elaborada coa colaboración de Manuel Andrade, coordinador do grupo OARMA de Astrofísica e Astronomía, do departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

