Axenda Eventos
Axenda Cultural

De Vacas en concerto

📅 Data: 9 mayo 2026
Hora: 20:30 h
📍 Lugar: Teatro Principal da Estrada
Duración: 75 min
🎟️ Prezo: 5,00
✍️ Autor: Concello da Estrada
Elenco:

          CONCERTO DE DE VACAS

  • INTÉRPRETES: Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero, Guillerme Fernández
  • XÉNERO: Música  coral
  • PÚBLICO: Todos os públicos
  • DURACIÓN: 75 min
  • PREZO: 5,00€ (venda Dpto. Cultura do Concello)

REBOVINA DIVAS LIVE, DE VACAS 

Visten a escena e sácanlle o po as súas mellores galas para a ocasión. Flúor, licra e mechas de cores.

Acompañadas dunha iluminación que non ten nada que envexarlle a París, nin a Vigo. Abren os seus diarios e confesan os seus segredos máis íntimos, rebobinando na historia da infancia cara aos momentos máis luminosos. Bailan os éxitos das súas vidas ao ritmo de petaceta co cú sentado nas cadeiras, e potencian a teatralidade, servíndose de novos elementos escenográficos.

Ás músicas e bases electrónicas súmanselle espectaculares coreografías, seguindo cunha liña de letras que non deixan títere con cabeza. As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía xuvenil ata o extremo, invitándonos a gozar dunha fantasía vintage.


Vídeo do evento

Scroll al inicio
Ir al contenido