Axenda Eventos
Axenda Cultural

Concerto Roi Alfonso

📅 Data: 24 marzo 2026
Hora: 19:00 h
📍 Lugar: CMUS A Estrada
🎟️ Prezo: de balde
✍️ Autor: CMUS A Estrada
Elenco:
  • Babioles (I. Jongleur de sons, VI. Gnome fantaisie) – Marc Monnet
  • Sonatine – Claude Pascal
  • Mysterious Morning III – Fuminori Tanada
  • Concerto – Pierre Max Dubois
  • Lutte – Thierry Escaich
  • Brillance (III Mov.) – Ida Gotkovsky

            Que alegría recibir de volta na nosa casa a Roi Alfonso!

            Roi Alfonso deu os seus primeiros pasos como músico neste conservatorio, e hoxe regresa como profesional consolidado para compartir coa actual xeración de alumnado non só música, senón tamén exemplo, experiencia e ilusión.

            Expresamos o noso sincero agradecemento a Roi Alfonso por regresar á que sempre será a súa casa.

            O programa que nos trae é un percorrido polo mellor do repertorio contemporáneo para saxofón, con obras de Marc Monnet, Claude Pascal, Fuminori Tanada, Pierre Max Dubois, Thierry Escaich e Ida Gotkovsky, compositores que representan algunhas das voces máis interesantes da música actual para este instrumento.

            Scroll al inicio
            Ir al contenido