Axenda Eventos
Axenda Cultural

Festas de Santa Cristina en Vinseiro 2026

📅 Data: 24 julio 2026
Hora: 13:00 h
📍 Lugar: Vinseiro
✍️ Autor: Comisión de Festas de Vinseiro

🎉 Festas de Santa Cristina en Vinseiro 2026

Comisión de Festas de Vinseiro convida a toda a veciñanza da Estrada e da contorna a achegarse esta fin de semana a compartir connosco as festas na honra a Santa Cristina, unha oportunidade para desfrutar da nosa tradición, da boa música e dun ambiente de amizade e convivencia.

  • Venres, 24 de xullo

    13:00 h – Misa rezada.
    Sesión vermú cos Gaiteiros de Barbude.
    Pola noite, gran verbena co Trío Iris e DJ HH.

  • Sábado, 25 de xullo

    13:00 h – Misa solemne.
    Sesión vermú co grupo Lume na Lareira.
    18:00 h – Inchables gratuítos para a cativada.

A Comisión de Festas agarda contar coa vosa presenza para vivir xuntos dúas xornadas cheas de música, diversión e bo ambiente.

Anímate a achegarte a Vinseiro e desfrutar das nosas festas!

Vémonos en Vinseiro! 🎉

Scroll al inicio
Ir al contenido