A Praza do Concello acolle este sábado, 6 de xuño, a XIII Feira da Sidra de A Estrada, que promete ser a edición máis grande da súa historia: 25 lagares procedentes de comunidades como Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, Navarra e País Vasco, ademais de Portugal, Francia, República Checa e Letonia. Entre os participantes, A Estrada estará representada polos seus propios lagares: Camino, López Pampín, Peroja e Rabiosa.
A previsión é escanciar 5.000 litros de sidra, mil máis que o ano pasado.
A festa celebrarase baixo a carpa instalada na praza, e como novidade destacada habilitarase unha zona con asentos para degustar a sidra con máis comodidade, pensada especialmente para familias e persoas maiores.
A programación arranca xa o venres 5 de xuño coa noite previa, con varios concertos no escenario da Praza do Concello —grupos aínda por confirmar— que buscan converter a feira nun evento de maior duración e atractivo.
O sábado 6, a xornada arranca ás 12:00 coa sesión de mañán, ata as 15:00, con música en directo de Os Bregadiers e Señora DJ. Pola tarde, ás 19:00, farase entrega do Grolo de Ouro á persoa representativa do sector sidreira, e ás 19:30 actuarán Son das Tabernas. O peche está previsto para as 21:00 horas.

