O Concello da Estrada acolle no Salón de Plenos a presentación do Informe de Conxuntura Económica de Galicia 2025 (ICE), editado polo Club Financeiro de Santiago. O acto contará coa presenza do presidente do CFS, Roberto Pereira Costa, e dos profesores da USC María Bastida Domínguez, Javier Turienzo Riveiro e Miguel Ángel Vázquez Taín, autores do informe.
O ICE 2025 ofrece por primeira vez un diagnóstico estratéxico do conxunto de Galicia, analizando os factores que condicionan o crecemento empresarial e territorial a través de cinco planos: empresa, mercado, territorio, institucións e ecosistema.
No marco da presentación, os autores realizarán tamén unha lectura aplicada á realidade de A Estrada, destacando o potencial do municipio e a importancia de avanzar cara a unha competitividade máis organizada, aproveitando activos como o polígono de Toedo e a súa posición de centralidade no interior de Pontevedra.

