Menu
Close
Close
- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizos
- Trámites
O prazo de inscrición para participar no Programa de Vacacións para Maiores organizado polo IMSERSO en convenio de colaboración con este Concello correspondente a tempada 2024/2025 permanecerá aberto do 1 de xullo e ata o 19 de xullo (ambolos dous incluídos)
Poderán participar no Programa as persoas que cumpran os seguinte requisitos:
Sólamente se admitirá como acompañante o/a cónxuxe, aínda que non acade a idade e sempre que reúna tódolos demais requisitos, e a un fillo/a con discapacidade que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%.
As persoas que participaron nas viaxes organizadas na tempada 2023/2024 figuran directamente acreditadas para participar nas viaxes da tempada 2024/2025 polo que non teñen que presentar nova solicitude do IMSERSO, pero si deberán presentar solicitude de confirmación de reserva de praza no rexistro de entrada do concello do 1 de xullo ó 19 de xullo de 2024
Para aquelas persoas que non figuran acreditadas por non ter participado nas viaxes en anos anteriores, é condición imprescindible presentar solicitude segundo modelo facilitado polo IMSERSO, o dni dos participantes e o certificado de pensións, xunto co modelo municipal de reserva de praza dirixida ó concello.
As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociales, o por Rexistro de entrada do Concello ou a traves da Sede Electrónica do Concello da Estrada ata o 19 de xullo.
A adxudicación das prazas será por orde de rexistro de entrada das solicitudes
Para máis información poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00) ou chamando o telefono 986 573 265